Breve historia.
O modelo OSI xurdiu co fin de promover a creación dunha serie de estándares que especificaran un conxunto de protocolos que foran independentes do fabricante que o implantara. A organización que o propuxo foi o estándar ISO basándose no modelo de IBM o SNA.
Ventaxas:
- Definición teórica do modelo de arquitectura de rede.
Inconvintes:
- Chegou demasiado tarde.
- Redundante. Levan a cabo funcións similares en distintas capas.
- Non existe un equilibrio entre as funcións que realizan as capas, estando algunhas de elas sobrecargadas e outras apenas fan nada.
Capas:
- Física. Está ligada coa transmisión de bits. É a capa de mais baixo nivel, encárgase de adecuar o sinal de información (modular/demodular) as características do canal xunto co transporte do fluxo de bits entre emisor e receptor a través do medio de transmisión.
- Enlace. Correspondese coa segunda capa mais baixa, encárgase de función de control: MAC, control de fluxo, control de erros.
- Rede. Encárgase de levar a cabo funcions como a identificación de paquetes e o seu enrutamento a través da rede. Pode fragmentar paquetes en trozos máis pequeños, control de congestión enviando os paquetes que forman parte da comunicación a través de distintos camiños para evitar saturar certos enlaces.
- Transporte. A sua función esencial é o troceado/ensamblado de paquetes. Tamén leva a cabo funcions como control de erros, control de fluxo, multiplexación e identificación do número de porto.
- Sesión. Encárgase de levar a cabo un control das sesions que se establecen sobre os servizos ofrecidos na rede e emular unha comunicación duplex. Tamén leva a cabo función de sincronismo, establecer prioridades das distintas sesions establecidas.
- Presentación. Define o formato dos datos que se van a intercambiar entre as aplicación e ofrece os programas de usuario (aplicacións) un conxunto de servizos relacionados coa transformación de datos (compresión de datos e cifrado).
- Aplicacións. Proporciona un medio os programas de aplicación para que accedan o entorno de comunicación OSI a traves dunha interfaz gráfica (GUI) ou de comandos (LUI).
Advertisement
